Borja Fdez-Montenegro Varela

Borja Fdez-Montenegro Varela

Biografía

Nado no ano 1980 en Santiago de Compostela resido nesta cidade desde entón. A miña formación académica deu algúns bandazos comezando a carreira de bioloxía, relizando un ciclo de FP superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas e despois de dous anos na facultade de informática incorporandome o mercado laboral como programador. Dende hai 9 anos levo desenvolvendo esta profesión no ámbito privado facendo aplicacións no eixo da saúde e da educación. Non teño ningunha militancia política previa a PODEMOS.

Motivación

Impliqueime no movemento PODEMOS despois das eleccións europeas, que foi cando descubrín que había un círculo na miña localidade. É o primeiro movemento político despois do 15M que me motivou e ilusionou o suficiente para ser parte activa do mesmo.

A miña motivación para presentarme ven dada básicamente a que creo que debido a miña experiencia coas TIC, podo aportar bastantes iniciativas neste senso, a primeira que me gustaría e que a administración adoptará e levara a cabo "The European eGovernment Action Plan 2011-2015" para a dixitilación da administración e que tanto os cidadáns como as EMPRESAS, tiveran que relacionarse coa administración por medio da sede electrónica. Isto redundaría nunha maior transparencia da administración pública,
Noutro eixo de acción gustaríame axilizar a informatización do sistema Xudicial, para que este sistema fora máis áxil e estivera interconectado en todo o territorio.