Florentino Balado Pachón

Florentino Balado Pachón

Biografía

O meu nome é Florentino Balado Pachón, nado en Valladolid en 1971 e resido en Galicia, primeiro en Lugo, despois en Compostela dende 1989. Son Técnico de Espectáculos en precario e opto ao “Consejo Ciudadano de Podemos”.

Son membro do Circulo Podemos Compostela, dende a súa creación en febreiro, e participei activamente nas súas Asembleas e Grupos de Traballo. Son unha desas persoas que chegamos a Podemos con “mochila política” xa que dende os 1986 hasta 2009 militei en distintas organizacións políticas. Militancia que abandone desencantado co funcionamento dos partidos que dicían ser alternativos. Tamén participei con distintos graos de involucración en mobementos sociais e sindicais.

Para min a aparición de Podemos foi un sopro de aire fresco no podre mundo da política clásica, un instrumento para retornar o poder á xente, para construír entre todas e todos a sociedade que queremos.

Motivación

Creo que despois das últimas semanas mirando para nos, é o momento de saír á rúa, “o hábitat natural” de Podemos, a xente non quere saber como nos organizamos, si non o que imos facer para cambiar as cousas. Agora comeza o traballo difícil, o traballo para tomar o poder e quero aporta-lo meu grao de area para elo.

Como habitante dunha nacionalidade como a galega, cunhas características propias, quero ser voz dos distintos Círculos de Galicia no “Consejo Ciudadano” e comprométome a dar cumprida conta da miña labor nel a tódolos círculos e influír para que a política de Podemos teña en conta as nosas características propias.